Premios

 

PREMIO «EVA PÉREZ SEARA»

A Cátedra Naturgy convoca anualmente o premio ao mellor traballo do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible da Universidade de Vigo. Este premio recibe o nome «Eva Pérez Seara» en homenaxe a Eva Pérez, alumna do Máster que faleceu  no accidente ferroviario de Angrois o 24 de xullo do 2013.

 

Elisa Graña Martínez

«Evaluación da eficiencia de novos desemulsionantes na valorización de residuos Marpol»

Neste traballo calculouse o impacto ambiental asociado ao consumo da agua en botella no campus As Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo, mediante o cálculo da pegada de carbono. A través dunha análise completa do ciclo de vida, obtívose que o consumo de 1 litro de auga en botella no campus xera unha emisión de 0,29 kilogramos de CO2-equivalente. Un 41,3% das emisions totáis xeradas polo consumo de auga en botella no campus débense ao emprego de Tereftalato de Polietileno para a fabricación dos envases e o outro 41,9% das emisións están relacionadas co consumo de enerxía no proceso de introdución e peche da auga na botella.

Por outra banda, un 11,5% das emisións se xeran polo transporte e soamente o 1% prodúcese debido a xestión dos residuos. Co obxectivo de contrastar a magnitude destos datos, e seguindo o mesmo procedemento, analizouse tamén a pegada de carbono do consumo dunha cantidade igual de auga, pero neste caso do grifo. O resultado obtido foi unha emisión de 0,0015 kilogramos de CO2-equivalente por cada litro de auga do grifo consumida, é dicir, 193 veces inferior as emisións da auga en botella. No traballo incorpórase tamén un plan de comunicación dos resultados realizado con infografías simples e comprensibles que teñen como obxectivo a sensibilización da comunidade universitaria do campus.

Brais Suárez Eiroa

«Cálculo do impacto ambiental asociado ao consumo de auga embotellada na Universidad de Vigo.»

Neste traballo calculouse o impacto ambiental asociado ao consumo da agua en botella no campus As Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo, mediante o cálculo da pegada de carbono. A través dun análisis completo do ciclo de vida, obtívose que o consumo de 1 litro de auga en botella no campus xera unha emisión de 0,29 kilogramos de CO2-equivalente. Un 41,3% das emisions totáis xeradas polo consumo de auga en botella no campus débense ao emprego de Tereftalato de Polietileno para a fabricación dos envases e o outro 41,9% das emisións están relacionadas co consumo de enerxía no proceso de introdución e peche da auga na botella.

Por outra banda, un 11,5% das emisións se xeran polo transporte e soamente o 1% prodúcese debido a xestión dos residuos. Co obxectivo de contrastar a magnitude destos datos, e seguindo o mesmo procedemento, analizouse tamén a pegada de carbono do consumo dunha cantidade igual de auga, pero neste caso do grifo. O resultado obtido foi unha emisión de 0,0015 kilogramos de CO2-equivalente por cada litro de auga do grifo consumida, é dicir, 193 veces inferior as emisións da auga en botella. No traballo se incorpórase tamén un plan de comunicación dos resultados realizado con infografías simples e comprensibles que teñen como obxectivo a sensibilización da comunidade universitaria do campus.

Rocío Rodríguez Torres

«Adaptación do "Ocean Health Index" á Escala Rexional: Ría de Vigo»

A influencia dos océanos no benestar da humanidade é ben coñecida a través dos alimentos que del obtemos, da practica de actividades de lecer relacionadas co medio mariño e da influencia que este ten no control das temperaturas do planeta, entre moitas outras. Cada vez son máis as evidencias da presión que a especie humana exerce sobre os océanos provocando a súa degradación, o que compromete que a relación entre a humanidade e o océano se poida seguir mantendo por tempo indefinido. Neste traballo preséntase unha ferramenta que pode ser de utilidade para avaliar a tensión entre o benestar humano e a integridade dos ecosistemas mariños. Trátase dun indicador de sustentabilidade denominado “Ocean Health Index” (Indicador de saúde dos océanos), que foi deseñado a escala planetaria e que neste estudo adáptase á escala municipal para valorar as condicións das augas da Ría de Vigo.

O indicador global está composto por dez metas que abarcan a análise das variables relevantes para avaliar a sustentabilidade dos océanos, inda que o presente estudo enfocouse únicamente a unha delas: “augas limpas”, que avalía o grado de contaminación das augas por lixo, nutrientes, patóxenos e químicos. Para a valoración desta meta en cada municipio, identificáronse as mellores bases de datos dispoñibles que contivesen a información necesaria para avaliar o estado do medio mariño, centrándose na contaminación das augas costeiras da zona de estudo. Posteriormente aplicouse un método matemático previamente deseñado pero adaptado á área de estudo deste traballo, para deste xeito cuantificar o valor da meta. Trala adaptación do índice a esta escala, detéctase a necesidade de dispoñer de información de mellor calidade que permita e facilite a aplicación de ferramentas de xestión coma esta, a cal se presenta como unha boa opción para a xestión sostible dos océanos.

Daniel Domínguez Paz

«Responsabilidade social corporativa no sector da construción española. Reporte de información non financieira e desempeño nas grandes constructoras españolas.»

Atopámonos nun momento de importantes cambios estructuráis no sector da construción que, sen dúbida, serán críticos para o seu futuro. Estos cambios vense impulsados principalmente por dous factores, un económico e outro social. Por unha banda, a desaceleración da actividade sufrida nos últimos anos, tanto na construción privada como nas infraestruturas e obras públicas, levou aos grandes xigantes do sector a atravesar situacions complicadas. Por outra banda súmase o aumento na demanda da minimización dos impactos negativos e o aumento de transparencia na publicación de información, xa sexa financieira ou relacionada co desempeño social e ambiental das organizacións. Gran parte do éxito empresarial depende da capacidade das entidades de adaptarse ao entorno. Por isto, boa parte do futuro destas empresas deposítase na capacidade que amosen de enfrentarse a esta nova situación económica e, ao cada vez mais esixente, entorno socioeconómico factor no que se centra este traballo. En España existe un sector da construción de referencia en Europa e no mundo que ademais, históricamente, foi un dos principáis motores da economía nacional. No traballo, realizado coa información pública das empresas, fíxanse tres obxectivos fundamentáis: En primero lugar, identificar as principáis tendencias do sector, fundamentalmente na materia de responsabilidade social e sostenibilidade e, en segundo lugar, comparar o desempeño e reporte neste ámbito das principáis empresas españolas do sector, por último, o estudo trata de avaliar a capacidade de resposta das compañías as principáis tendencias analizadas.

Cyntia Fernández Díaz

«Predición de hábitats idóneos nas pradeiras de Zostera noltii mediante a Análise Factorial do Nicho Ecolóxico. Un instrumento para la xestión ambiental do litoral.»

As pradeiras mariñas son un grupo de prantas fanerógamas típicas das chairas marítimas. Estes hábitats costeiros ofrecen un gran número de bens e de servizos polo que o seu mantemento favorece a integridade dos ecosistemas litorais e, como consecuencia, a calidade de vida das comunidades humanas implicadas. Nos últimos anos o interese por estos ambientes deu como resultado a súa incorporación na normativa europea de protección do patrimonio natural. Sen embargo, as pradeiras mariñas mostran unha gran redución a nivel mundial como consecuencia do desenvolvemento e o resultado dos procesos de contaminación, eutrofización e a degradación do hábitat. Neste traballo utilizouse a metodoloxía da Análise Factorial do Nicho Ecolóxico (ENFA) para predicir a idoneidade do hábitat de Zostera noltii, especie dominante nas pradeiras intermareais de Galicia. A capacidade predictiva do análise ENFA preséntase como unha ferramenta útil para os xestores públicos medioambientais que deben xestionar o presente dos espazos litorais e para aqueles que deban deseñar estratexias de adaptación futura.

Mª Carmen Gayoso Montenegro

«Análise dos fluxos hídricos da Planta de Aluminio Español S.A. Xestión sostible da auga.»