Eventos

 

A Cátedra Naturgy promove, con carácter anual, dende o ano 2017 o Taller Anual sobre Enerxía e Desenrolo Sostible. Trátase dunha actividade pública de divulgación da investigación e innovación nos campos de interés da Cátedra.

 

Celebrado en Vigo o 4 de outubro. Íñigo Losada, director de Investigación do Instituto de Hidráulica de Cantabria, achegou aos asistentes as conclusións do Informe do IPCC sobre océanos e criosfera e as súas implicacións sobre a xestión da costa.

No acto tamén se entregaron os premios Eva Pérez Seara aos mellores TFM do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible. Os galardoados foron:

  • Eva López Quiroga foi premiada polo Proxecto «Barallando».
  • Gabriel Alejandro González Reyes foi premiado polo traballo «Análisis do ciclo de vida de aceites lubricantes usados na industria enerxética renovable».
  • Pedro Miranda Varela por «Proposta para a mellora do servicio de recollida e xestión de residuos urbanos no concello de Monforte de Lemos».

Celebrado en Vigo o 26 de outubro, no evento presentaronse os resultados de investigación obtidos no último ano. A continuación interviu Georgina Santos, investigadora da Universidade de Cardiff, que impartiu unha conferencia sobre os desafíos da descarbonización no transporte. Seguidamente tivo lugar unha mesa redonda sobre transporte e transición a economías descarbonizadas na que participaron Antonio Canoyra (Naturgy), Xavier Labandeira, Georgina Santos e Carlos Botana (Autoridade portuaria de Vigo).

Intervencións no taller:

Celebrado en Vigo o 3 de novembro, no evento presentáronse os resultados de investigación obtidos no último ano. A continuación interviu Alberto Troccoli, Director do World Energy and Meteorology Council, que impartiu unha conferencia sobre cambio climático e enerxía. Seguidamente tivo lugar unha mesa redonda sobre transición á economías baixas en carbono na que participaron Antonio Canoyra (Naturgy), Juan A. Añel, Alberto Troccoli e María José Caride (concelleira de Urbanismo do Concello de Vigo).